Salade Archiduc
#En defensa del anarquismo #Em defeza do anarquismo
A «Salade Archiduc» nace coa Belle Époque e da Belle Époque da Anarquía recuperamos un exquisito prato: En defensa del anarquismo de Ricardo Mella, xa que neste alegato Mella brinda unha definición de "anarquía" moi diferente á que actualmente ofrecen a Real Academia Galega (RAG) e mais a Real Academia Española (RAE). "Sempre a lingua foi compañeira do imperio" dixo Nebrija e, de certo, a estigmatización e condena que sofre o movemento anarquista está intimamente ligado á visión/definición que o sistema imperante pretende dar del. Desta sorte, consideramos que mentres os dicionarios definan negativamente este concepto, a sociedade asumirá esa definición e a anarquía non será aceptada como a digna forma de vida que é. Xa que logo, un primeiro paso para a realización práctica do anarquismo ben pode situarse na modificación do seu concepto dentro dos dicionarios oficiais, para que quen busque esta palabra non xulgue o ideal anarquista e o seu movemento como algo pernicioso.
Para suscitar o debate sobre este asunto, poñemos a libre descarga dúas edicións diferentes d' En defensa del anarquismo e plasmamos as definicións actuais (23/04/2018) que brinda a Real Academia Galega e mais a Real Academia Española para a palabra "anarquía" e, canda elas, a versión en español e portugués da proposta de R. Mella. No caso da RAG (alén de que os exemplos semellan ser unha mofa) cómpre tamén rectificar a entrada "anarquismo" posto que o carácter apolítico deste movemento é incompatible coa definición de "doutrina política" que brinda o dicionario da RAG. Particularmente, nós xa enviamos á caixa de suxerencias da RAG a nosa proposta de modificación das definicións "anarquía" e "anarquismo" e o comité de lexicografía contestounos (febreiro 2018) dicindo que as entradas serían modificadas na próxima actualización... Iso esperamos, porque como di Mella, "y si todavía se insiste en que el anarquismo es una teoría del aniquilamiento, responderemos que el anarquismo es simplemente una teoría revolucionaria, y la revolución no es ni ha sido ni será nunca el aniquilamiento porque sí, sino la transformación de las formas orgánicas de convivencia social".
DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA (DRAG) vs. R.Mella
DICIONARIO DA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA (DRAE) vs. R. Mella
En defensa del anarquismo
Em defeza do anarquismo
Ricardo Mella
PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR O FOLLETO
En defensa del anarquismo + Lucha de Clases, Biblioteca de Tierra y Libertad, Barcelona, 1919
Cortesía de Ignacio Soriano, original en el Archivo Histórico de la Ciudad de Barcelona (España).
Em defeza do anarquismo, Grupo Renascença, Río de Janeiro, 1928
Cortesía de Elena Schembri, original en el Archivo Edgard Leuenroth, Instituto de Filosofia y Ciencias Humanas de la Universidad de Campinas (Brasil).