Breve Viaxe hemerotérica ás profundidades da Escola de Náutica de vigo
1924: Desaparición e ludibrio
En xaneiro de 1923, superada a materia de "Cosmografía y Navegación, con Derrotas, Reglamento de luces y abordajes y Código Internacional de señales (diaria)" de Rafael López Soler, Manoel Antonio remata os seus estudos de piloto. A seguinte promoción, 1923-1924, sería a última da "Escuela de Náutica de Vigo". Desta guisa, o 31 de maio de 1924, El Pueblo Gallego anunciaba unha reunión de profesores da Escola co alcalde accidental naquel momento, o Sr. Garra, para evitar o peche da mesma. Ao día seguinte, Galicia: Diario de Vigo publicaba o poema de Manoel Antonio "Mariñeiro d'a Ría" -a carón doutro de Julio Camba en galego- e, de seguido, daba conta do encontro en Madrid dunha comisión viguesa co goberno da ditadura para tratar asuntos de importancia para a cidade.
Dez días máis tarde esa comisión informaba no Concello de "los trabajos efectuados en la corte". O alcalde aquí xa é Adolfo Gregorio Espino -reposto da súa enfermidade- e cómpre destacar a presenza de Ángel Bernárdez Rodríguez como secretario y representante do "Comité Ejecutivo para la defensa de la pesca en el litoral gallego". Aínda que, quizáis, o máis curioso sexa que un pleno que supostamente tiña como finalidade principal tratar asuntos pesqueiros remate coa intervención do delegado gubernativo sinalando: "La cosa más urgente es buscar terreno para construcción de un cuartel". A partir deste momento, tanto os intentos por salvar a Escola como o de quede o material pedagóxico e a súa documentación en Vigo van ser infrutuosos, ante todo dada a desidia e o desleixo da corporación municipal, tal e como proban os recortes que ofrecemos a continuación.