Breve Viaxe hemerotérica ás profundidades da Escola de Náutica de vigo
· Epílogo · 1925-1943 ·
O 7 de febreiro de 1925, Galicia: Diario de Vigo anunciaba a venda de "enseres y muebles de la Escuela de Náutica de Vigo" e, en marzo de 1925, Faro de Vigo felicitaba a Antonio Pérez Mateo, Carlos Posada Tapias e Felipe Sendón, alumnos da extinta escola de Vigo que acababan de obter o título de piloto tras pasar exame na Coruña. Entre 1927 e 1928 volveu a emerxer en prensa a necesidade de dotar a Vigo dunha Escola de Pesca. No entanto, malia que en 1939 houbo un novo intento de creación, esta proeza non se lograría até a posguerra. Brindamos para esta última fase un florilexio xornalístico que vai dende esa tentativa en 1927; pasa por un informe de Ángel Bernárdez sobre a pesca en España en 1928, acompañado das cotizacións da pesca naqueles días; continua coa creación da primeira Escola de Pesca en Cangas en 1934 e finaliza na inauguración da Escola de Pesca de Vigo en novembro de 1942.
Até aquí o apéndice A, síntese hemerotérica desta historia. Sinalar que só trala descuberta do tesouro en Bilbao o 17 de maio de 2017 foi posible saber desta información que acabamos de presentar. Quedan moitos cabos soltos que cómpre atar, non soamente de Vigo, senón tamén do sucedido coa Escola de Náutica da Coruña. Desta última, para nós, resulta particularmente interesante a defensa desta por parte do grupo anarquista "El Despertar Marítimo"...