INTERLUDIO CONTESTATARIO
S. O. S. MANOEL ANTONIO
MALANDRÓMEDA vaticina
«HAI OUTROS MUNDOS DENTRO DESTE MUNDO»
co seu Marabilloso Invento: «AS LUPAS DE VER POR DENTRO»
Á atención da RAG e dos señores M. Bragado, X. L. Axeitos, X. R. Pena e X. L. Méndez Ferrín.
A todo o pobo galego, con especial dedicación a Silvia, Leopardo e Adán
«Predomina, por desdicha, en todo lo que pretende ser nuevo la influencia de lo viejo»
«Ler diarios n-iste tempo é o mesmo que ler capítolos d'unha novela que se titolase
Hestoria de catro canallas e vinte millóns d'imbéciles»
· Manoel Antonio· Outubro· 1923
Fascinadas pola mistificación que o profesor Xosé Luís Axeitos difunde na súa biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía (Xerais, 2017) e máis polo xeito que ten de enunciala [na imaxe Sermos Galiza, 27/07/2017], saltamos do ferrocarril co que iamos con Ricardo Mella Cea [RM] cara a Andalucía e embarcamos con Manoel Antonio [MA] nunha singradura de «Vigo» a «la mar» [de historias].
As Epifanías Libertarias naceron tralo achado en Portugalete [Bilbao, 17 de maio de 2017] do expediente académico de Manoel Antonio na «Escuela de Náutica de Vigo» e responden á vontade de pór á libre disposición pública documentación histórica que durante anos permaneceu exiliada ou desaparecida. Por esta razón, non nós é posible continuar coa topografía vital de Ricardo Mella sen ocuparnos antes da "biografía de Manuel Antonio" que divulga o Sr. Axeitos. Desta sorte, o galimatías que encerra Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía desviou a nosa atención e deu lugar a este INTERLUDIO CONTESTATARIO S. O. S MANOEL ANTONIO para solicitar a verdadeira edición da OBRA COMPLETA de Manoel Antonio (Rianxo, 1900-1930) amais da CDL (Catalogación, Dixitalización e Liberación) do seu acervo documental. E facemos a petición de Catalogación, Dixitalización e Liberación extensiva á totalidade do patrimonio documental e cultural galego, dado que -entre outras cousas- a falta de interese no mantemento e protección de bibliotecas, hemerotecas e arquivos é a que favorece que a historia sexa manipulada.
Hai dous meses, mediante o Vol. 2 destas Epifanías, declaramos a presumible relación entre Manoel Antonio, Pepe Villaverde e Ricardo Mella Cea, ao tempo que confesabamos descoñecer o contido da biografía do Sr. Axeitos. Hoxe, coa obra lida, denunciamos que Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, se ben goza do privilexio de ser a “biografía máis documentada” do mariño e literato de Rianxo, constitúe unha obra que presenta eivas, erros e clamorosas ausencias. Así pois, reprobamos a manipulación biográfica que divulga Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía e censuramos a apropiación de textos inéditos de MA [até agora Diarios de Navegación e cartas] por parte do profesor Xosé Luís Axeitos, co beneplácito da editorial Xerais e mais da Real Academia Galega [RAG], institución que delegou no Sr. Axeitos a edición da Obra Completa de MA e permitiu deixar a OBRA INCOMPLETA.
«No hay mal tan malo de que no resulte algo bueno». A cantidade de preguntas que espertou en nós a algarabía informativa que brinda o profesor Axeitos, conduciunos á descuberta do curioso tecido sociocultural e deportivo en que florece Emilia Docet Ríos (miss Vigo, miss Galicia e miss España 1933) e canda ela: a familia Mella e a «Sociedad Vértice».
Vigo, 13 de outubro 2017
Sor Presa
«INTERLUDIO CONTESTATARIO S. O. S MANOEL ANTONIO»
INVENTARIO
I. Discernimento SorPresa a Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía
S.O.S. Manoel Antonio, o secuestro continua
Da falacia da rigorosidade: eivas e clamorosas ausencias
Desenlace: S. O. S. MA continua secuestrado. Último raptor: X. L. Axeitos
Bibliografía
II. Breves apuntes sobre a “Sociedad Vértice” e unha outra Emilia Docet
Preámbulo: o porqué desta historia [máis alá dunha medalla]
De Mellas, Díazs e Docets
Do fútbol ao ‘hockey’ [herba] e outras recaladas
«“Triángulo” ha cambiado de nombre, en lo sucesivo se denominará “Vértice”»
A proclamación da Miss e a súa relación co “Vértice”
Coda: work in progress, always Máis Alá!
Bibliografía
III. Apuntes bibliográficos RM
«Las Fronteras»
«Ejército y policía»