*En todas as Epifanías as palabras subliñadas conteñen enlaces
DESPEDIDA WALPÚRGICA
BöömWalpurgis!!! Agora si que si!! Epifanías Libertarias vaise de vacacións a seguir traballando! Mais non sen antes liberar a Manoel Antonio e lembrar a interesante figura de Ricardo Escrig, pai da finada procuradora galega Natalia Escrig Rey. Xaora, logramos pasar a aduana co viño e xa temos a torta feita, así que o noso «Banquete Final» xa está completo! Benvinguts i benvingudas aos X Files Galegos!!
Corenta e seis anos despois de que García-Sabell anunciase o tesouro documental de Manoel Antonio, o pobo galego e o do máis alá poderá degustar unha parte dese máxico tesouro neste noso banquete. Un banquete gratuíto, libre e aberto cunha {máis proteínica que doce} «Tarta "Lustres Rivas" + Coktail Galicia» canda o noso espirituoso viño da casa: «Río Miño, blanco y tinto».
De por parte e con especial dedicación para as persoas que asistiron á presentación da 'biografría' Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía do Sr. Axeitos na libraría Andel de Vigo en setembro de 2017, poño a libre descarga documentación das Escolas de Náutica de Vigo e mais da Coruña neste Extra Walpúrgico Marítimo. Xa poden descargalo e facerllo chegar ao Sr. Axeitos para que este poida ter probas da súa visita ao arquivo da "Escuela de Náutica de Vigo"...
Secasí, ese Extra Walpúrgico Marítimo, se ben non contén a totalidade do material atesourado en Bilbao, achega cerca de 500 imaxes combinadas en distintos pdf´s e que permiten saber quen era o alumnado e mais o profesorado da Escuela de Náutica de Vigo así como un interesante mix de «papeles varios» canda {as usually} outras SorPresas de Coruña. No entanto, ante calquera dúbida e para non pechar o chiringuito sen dar a cara, realizarei unha mini xira epifánica para presentar o material destes X Files e, ante todo, para incitar a facer unha outra festa libertaria...Así que como podedes ver no gamusino cartaz {cortesía de Keike Caracol} este xoves 3 de maio estarei pola Guarda no C. S. Fuscallo e o venres no Ateneo Libertario Xosé Tarrío da Coruña {e despois Malandrómeda + Bala no Playa Club!!!}
Sobran as palabras
Ata máis ver!
Vosa,
Sor Presa Selectah
Walpurgis, 2018
INVENTARIO EPIFÁNICO
X FILES GALEGOS, O BANQUETE FINAL
Tarta "Lustres Rivas" + Coktail Galicia
Melocotón Melba
Río Miño, blanco y tinto
Salade Archiduc {#En defensa del anarquismo #Em defeza do anarquismo}
Coles de Bruselas Salteadas
Quesos y frutas {Entremés de Apéndice Inocente}
«INTERLUDIO CONTESTATARIO S. O. S MANOEL ANTONIO»
I. Discernimento SorPresa a Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía
II. Breves apuntes sobre a “Sociedad Vértice” e unha outra Emilia Docet
III. Apuntes bibliográficos RM {«Las Fronteras» «Ejército y policía»}
{We Hope Mella: outra historia da mesma historia}
Apéndice Ricardomellano I
Vol. 2 GALIFORNIA, APÁTRIDA GALEGA 2017
{Ricardo Mella e Galicia: o descoñecido mestre + Pepe Villaverde: carpinteiro, actor, publicista, orador e organizador + Manoel Antonio: trala pegada dunha nova coordenada}
Apéndice Californiano
Vol.1: Da descuberta en bilbao do expediente de Manoel Antonio Na «Escuela de Náutica de Vigo»
-
Apéndice documental
A. Breve Viaxe Hemerotérica ás Profundidades da EdNdV
1915-1923: Creación e desenvolvemento
1924: Desaparición e ludibrio
1925-1943: Epílogo
B. Expediente Académico [na EdNdV] de José Pérez Gónzalez
{C. EXTRA WALPÚRGICO_MARÍTIMO}
Curiosidades Walpúrgico Sindicalistas para o 1º de Maio
Fundación Eugenio Granell {Santiago de Compostela}
Preme na imaxe para descargar
Always Máis Alá!!!