Tarta "Lustres Rivas" + Coktail-Galicia
«O nó d'as cinco rúas»
N-o nó das cinco rúas
náufragos nomes de xornaes
pulean a velocidade
d'a cidade.
N-a rua ceibe
a mañán sin sombreiro
calma de sol
fuxe decote.
Un piso derradeiro
debruzado n-a misantropía
d'o seu balcón encadeado
fai dar pensas voltas auditivas
ó disco da intensidade
d'os tranvías.
O cotelo dos automoves
remexen os chapeus
de direicións sin senso.
N-o nó das cinco rúas
disfrazo-me d'eixo polar
O traxe d'as modistas novas
leva unha post-data seisual.
N-o no das cinco rúas
a noite apagou-se de seu
Os berros náufragos dos xornaes
meteron-se no seu ningures.
Vel-ahí veño Eu:
-Boas noites
-Boas noites
-Deica mañán
-Deica mañán
N-o no d'as cinco ruas
estreito os cinco cotelos
eleitrocutados
d'a sua man.
Foulas, MA. 5-24
HOMENAJE DE SIMPATÍA: EL BANQUETE A LUSTRES RIVAS
Lo que al principio no fue más que una idea que brotó en el seno de la Redacción de GALICIA, y después, un anhelo de los amigos y admiradores del gran periodista, se trocó anteanoche en una emocionante realidad. (…) Poco después de las nueve de la noche, hallábanse ya reunidos en el salón del visitas del Hotel Universal muchas de las personas que acudían a testimoniar a Lustres Rivas su admiración con el banquete-homenaje (…).
Entre los comensales recordamos a los señores siguientes: D. Alfonso R. Castelao, D. Marcial Caseaux, Don José Signo, Don Manuel Lago, (…) D. Roberto Blanco Torres, D. Juan Amoedo, D. Ernesto Cádiz Vargas, D. Valentín Paz Andrade (…), D. Alberto Mella, D. Avelino Iglesias, D. Pedro Ojeda, D. Virgilio Garrote, D. Rogelio Andrade, D. Andrés Amor, D. Ricardo Mella, D. Luis Ksado, D. Roberto S. Pastoriza…(Galicia, diario de Vigo, Vigo, 08/01/1924)
«pero sería unha gran sorpresa para este biográfo que tivese éxito»
Xosé Ricardo Losada
Encántanos dar SorPresas, polo que ante a provocación que Xosé Ricardo Losada lanza na súa anovadora biografía Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego (Galaxia, 2018), cando menos, teremos que facer honor ao noso alcume {máis alá do éxito} e darlla: Vigo 1924, Hotel Universal. Homenaxe de simpatía para despedir a Manuel Lustres Rivas {irmán de Augusto Lustres Rivas, o capitán do pailebot Constantino Candeira ao que Manoel Antonio dedica o seu De Catro a Catro} Entre os comensais Castelao, Paz Andrade, R. Villar Ponte, José Núñez Búa ou Enrique Peinador canda Ricardo Mella e o seu fillo Alberto Mella. Que tal como conexión SorPresa? Desexo que tan agradable coma o sabor da «Tarta "Lustres Rivas"» que a adoza.
Desta sorte e se ben felicitamos ao profesor Losada pola súa interesante obra, discrepamos con algunhas das súas declaracións e nomeadamente con aquelas que incumben ao anarquismo e a nosa propia persoa. Xaora, a declaración "a investigadora viguesa Iria Presa está intentando conectalo {a Manoel Antonio} co gran líder anarquista Ricardo Mella" non é de todo correcta. Como Ricardo Escrig lle diría a Joan Peiró: Sí y no, mi querido Losada. En realidade esa conexión xa a establecín no meu Traballo de Fin de Grao para a Universidade de Vigo «Epifanías Libertarias non é un TFG, vai Máis Alá!» (2017), polo que vostede e calquera persoa interesada en observar o vínculo, pode acompañar a «Tarta "Lustres Rivas"» con Melocotón Melba e dulcificar a súa vida cun bocadiño de anarquía galega. É máis, xa postas {que non colocadas} e para axudar a dixerir a teoría poden engadir ao seu menú o poema «O nó das cinco rúas» de Foulas, dado que a miña utópica mente ve nel a Manoel Antonio estreitando a man de Ricardo Mella ás portas da Escola de Artes e Oficios de Vigo: náufragos nomes de xornaes, rúa ceibe, mañáns sen sombreiro, modistas novas, misantropía... Fermosa descrición do entorno mellano.
Asemade, como non logro escoitar o tranvía preto do nó das cinco rúas en Pontevedra, o meu enxeño, grazas a unha entrevista persoal que tiven con Paco Montes, anímame a situar ese nó en Vigo. Xa que, segundo este, o seu pai, tranviario, adoitaba afirmar que tanto os tranviarios coma a poboación viguesa recoñecía en Ricardo Mella unha especial intelixencia polo seu deseño do tranvía ao paso deste polas rúas García Barbón, Policarpo Sanz e Colón (antes Ramal): o noso posible nó. De feito, aquel día Montes esbozou cun debuxo no meu caderno a famosa e complicada intersección que o seu pai sempre lle recordaba, dado que ademais do tráfico rodado, confluían nel o cruce de cables e mais o de vías...
Curiosidades e interpretacións aparte, o certo é que aínda que o profesor Losada trata o anarquismo de Manoel Antonio e considera a Manoel Antonio como anarquista, en relidade semella que as súas palabras están dirixidas a infravalorar este ideario en MA. Así, dinos: "É evidente que ten ideas revolucionarias (...) pero é moi cuestionable que poidamos consideralo un revolucionario, se por revolucionario entendemos unha persoa que coa súa práctica cotiá intenta transformar radicalmente o mundo en que vive" (p. 102); "Declárase anarquista, por exemplo, pero non consta ningunha contribución práctica (escribe un texto a favor, pero non o publica) (...). O espírito (non as ideas) de Manuel Antonio é máis aristocrático que revolucionario, comenzando polas distancias que marca co pobo pola vestimenta" (p. 103). "Non. Non é un sindicalista anarquista: Mesmo podemos dicir que unha das razóns polas que opta polo nacionalismo e non polo anarquismo é que nese momento o nacionalismo é un movemento burgués" (...) "O espírito anarquista só se obxectiva a nivel poético" (p. 104). Así, ao ler ao profesor Losada recordei o mitín do 1º de maio de 1891 en Madrid, con presenza de Ricardo Mella e ante o cal, o xornalista d' El Imparcial escribía: "El primero que habló fue el compañero Mella. Hombre cuyo aspecto correctísimo y hasta elegante denunciaba mejor a un burgués acomodado que a un furioso anarquista -tal y como lo pinta fantasía- expresóse con facilidad y elocuencia":
Logo, a opinión do profesor Losada, contraponse coa das persoas que coñeceron a Manoel Antonio en vida como o propio Rafael Dieste ou García-Sabell, quen fala da "arrebatada eisixencia moral" que impoñía Manoel Antonio. Así pois, tal e como expomos na «Salade Archiduc», cómpre modificar o concepto de anarquía para que estas mal interpretacións deixen de sucederse. Igualmente, ser anarquista non implica nin ser terrorista nin ser líder nin ser teórico, só implica ser ou, cando menos, intentar SER PERSOA. Polo que, con respecto da práctica cotiá e a revolución, recomendo a lectura do artigo «La propaganda por la conducta» e mais das Breves apuntes sobre las pasiones humanas de R. Mella, porque quizais neles estea o xermolo daquilo que fai un innegable anarquista a Manoel Antonio: o intentar ter un comportamento exemplar en cada unha das accións da vida diaria. No entanto, se ben cumpríanos darlle unha SorPresa ao profesor Losada polo guiño na súa obra, non é propósito desta torta facer unha crítica á súa recente biografía. A nosa misión é máis disparatada: vimos a liberar {na medida das nosas posibilidades} a Manoel Antonio.
En 1972 García-Sabell anunciaba o tesouro que acababa de recibir de mans da nai do poeta: "Ela me fixo donación de tódolos papeis do fillo -pra que nalgún día me encarregase de que fosen imprentados. Unha fermosa, farta colleita: libros inéditos (...), poemas soltos, prosas, cartas e máis cartas, fotografías, apuntes, papeletas de eisamen, cadernos de navegación. Un tesouro. Unha regalía." En 2010, Daniel Salgado publicaba «Manoel Antonio Liberado», onde se reiteraba a inmensa colección e a futura publicación da súa «Obra Completa». Actualmente, 2018, nin a «Obra Completa» de Manoel Antonio está completa nin o pobo galego e de alén mares ten unha idea veraz dos famosos "papeis de Manoel Antonio". Daquela, tal e como declaro no INTERLUDIO CONTESTATARIO S. O. S. MANOEL ANTONIO, en verán de 2017 encamiñeime na procura de respostas e, hoxe, ás portas da noite de Walpurgis, poño a libre descarga para consumo público e internacional, os meus apuntamentos sobre a parte da colección que eu consultei: preto de corenta páxinas que recollen os títulos e os autores dos poemas que MA recortou, os artigos e números dos xornais que están na súa colección e algunha que outra sorpresa. Así pois, só tendes que premer na imaxe para degustar a Manoel Antonio e de clicar no botón descubriredes unha mostra das propiedades das «Coles de Bruselas Salteadas» aplicadas a MA.
Liberar a Manoel Antonio non é unha entelequia, é unha responsabilidade que a Real Academia Galega debe cumprir. O seu acordo coa Fundación Barrié para editar a «Obra Completa de Manuel Antonio» foi unha misión falida. O Sr. Axeitos, editor asignado pola RAG, non só non realizou o seu cometido, senón que se apropiou de documentación inédita en beneficio propio. Ademais, non só hai material inédito: a totalidade do fondo que custodia a Fundación Barrié ten que ser considerado como parte da «Obra Completa» de Manoel Antonio {da obra completa da súa breve vida} e, coma tal, debe ser descrito e ilustrado. Desta guisa, só libertando a dixitalización e catalogación do seu tesouro poderemos chegar a coñecer a dimensión persoal do Manoel Antonio que {por agora} quixeron deixar que coñecésemos...