top of page
RicardoMellaCeaTranvia_edited.jpg

         Tal e como anunciamos na "Despedida Walpúrgica", as Epifanías foron de vacacións para seguir traballando e temos en liña a web monográfica sobre Ricardo Mella Cea: ricardomellacea.info con máis información orixinal sobre o  topógrafo e pensador anarquista vigués.

 

Deixamos neste recuncho epifánico, Episodios Galegos e bases documentais coma a 'Guarnición de retallos' de Manoel Antonio (Tarta "Lustres Rivas") ou o expediente do poeta na Escuela de Náutica de Vigo. Retallos de Bilbao, aos que se lle unen outros de Galicia, Cataluña e Califonia: Pepe Villaverde (Melocotón Melba), Ricardo Escrig (Río Miño, blanco e tinto), e  o Apéndice Californiano -DOE Library da Universidade de Berkeley- Solidaridad Obrera de Vigo (1922)- Actas do 1º Congreso Regional Galaico- Quen te entenda, que te goze! ^_^

ACCIÓN LIBERTARIA 2018
Acción Libertaria 2018, Ricardo Mella,
as irmasmellaserrano.png

E de Vigo a Vigo: á descendencia de Ricardo Mella Cea e Esperanza Serrano Rivero... Anímense a participar! Agradecemos calquera información relativa a familia e mais ao ámbito epifánico e compartimos convosco un recordo ás Irmás Mella Serrano: Alianza, Esperanza, Urania, Alba, Flora, Luz e Alicia. Quen pase por Vigo poderá visitar até finais de febreiro de 2019 unha «microexposición» sobre estas interesantes mulleres no primeiro andar da Biblioteca Pública Juan Compañel. E para @s que estean lonxe achegamos o vídeo do acto co que iniciamos as xeiras de «Acción Libertaria 2018» por cortesía do profesor Manuel Forcadela e poñemos a libre descarga o texto "Breve noticia histórica sobre as irmás Mella" que repartimos en Vigo ese día e que sirve de base para a devandita exposición.

         Para calquera dúbida, comentario ou suxestión, podedes escribir ao enderezo web destas Epifanías ou tamén ao do Comando RM que tedes en ricardomellacea.info

Saúde, Natura e Anarquía!

Vigo, 20 de decembro de 2018



A AVOA MATERNA, A NAI E AS MELLA SERRANO
mella tendencia
durruti-mella.png

Saúde e moitas grazas a todas as persoas que apoiaron e apoian estas Epifanías e o novo proxecto web. Mil obrigada! Graciñas mil! Danke shön! y ghrasias de coração: Comando, Brigadas, Colectivos, Unións, Ateneos, Colegas, Ghetto Family, Cans, Cadelas, Ghatunes, Leopardas e Caracol, Faraón, Profesorxs, Mellas Serrano, Díazs-Mellas, Gazpacho, Investigadores, Bibliotecari*s, Xornalistas, Malandromelanómen@s, Genderal, Mr. Topo Palindromista, CintasAdhesivas, e outr*s alimañas: sen vós nada disto sería posible!!

Muito Amor pra Vocês!!!

corazao.jpg
VIDA EXTRA
A escola Artes.png
urania mella, piano iria presa, vestido, irmás mella
2019_ExpoHistoriaEAO_mateo-mella.jpg
bottom of page