· Apéndice b·
José Pérez Gónzalez
José Pérez Gónzalez, irmán de Rogelio ·aka Roxerius· e coma tal, curmán de Manoel Antonio, tamén cursou estudos na Escola de Náutica de Vigo. Grazas ao epistolario de Manoel Antonio xa sabiamos destes estudos dado que foi o poeta, o encargado de matricular para maquinista a este en 1921. De irmos a correspondencia de Manoel Antonio con este dosier tecemos un novo fío do que alí sucedeu onde as cousas, en Vigo, ían cara Rusia... Do que sabemos de José, Xosé ou Pepito é breve: fotógrafo e pianista, alén de maquinista; íntimo dos Ínsua do Bou Eva e o que nos queda... Pola nosa banda seguiremos mergullando en hemerotecas e arquivos para exhumar nova información. Pero desexamos que, ao facer pública esta documentación, se abra unha nova porta cara ao estudo tanto de Pepito coma de Manoel Antonio e, por extensión, á Historia Silenciada da Gallaecia.